05:57:49 Domingo 13 de outubro 2024
Estás en:

Actualidade

Últimas noticias

A Deputación lanza nos concellos un novo servizo de atención a cidadáns e asociacións para axudalos no emprego da administración electrónica

23/01/20

Os axentes dinamizadores do PEL-Concello Dixital adicarán dúas horas da súa presencia nos concellos para asesorar á veciñanza no uso das ferramentas dixitais.

Máis cerca, máis sinxela, máis de cadaquén: a Deputación edita un vídeo sobre o cambio dixital na administración local

22/01/20

Os alcaldes de Miño, Pontedeume, Rianxo e Vedra interveñen na produción, que subliña as vantaxes de contar contar coa administración dixital nos concellos.

200 responsables de asociacións recibiron xa formación sobre como solicitar subvencións a través das oficinas electrónicas dos seus concellos e da Deputación

3/12/19

125 responsables de asociacións asistiron ás formacións sobre o uso das sedes electrónicas dos seus concellos; outras 75 persoas, nas 10 charlas celebradas até o momento, aprenderon como tramitar subvencións na aplicación SUBTEL, da Deputación da Coruña.

Preséntase en Bratislava o PROXECTO DE ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA da Deputación da Coruña para EELL

22/11/19

A Deputación Provincial da Coruña aposta pola transformación dixital, ofrecendo a todos os seus municipios unha plataforma completa para cumprir coas esixencias legais en materia de Administración Electrónica.

A Deputación proporciona soporte e formación aos concellos para que publiquen todas as súas novas oficiais no Taboleiro de Anuncios Electrónico das súas sedes

19/11/19

En cumprimento das leis que subliñan o dereito dos cidadáns a relacionarse coa Administración pola vía electrónica, os concellos están a recibir formación para publicar todas as súas novas no Taboleiro de Anuncios da sede electrónica.

250 persoas coñecen a fondo como empregar as súas sedes electrónicas trala formación impartida nos seus respectivos concellos

12/11/19

As sesións impartidas desde que comezou novembro até hoxe despertaron o interese de 69 persoas en Oroso, Rois, Abegondo, Mazaricos, Vilarmaior e Zas. Estas charlas súmanse ás celebradas desde xuño noutros 19 concellos da provincia.

As novas corporacións municipais responden positivamente ás iniciativas para reforzar e impulsar a administración dixital

7/11/19

As 19 charlas sobre a administración electrónica xa celebradas nos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia contaron coa participación de 70 concelleiros/as e alcaldes/as. A día de hoxe están convocadas outras 14 sesións.

Novembro comeza con sesións formativas sobre as sedes electrónicas nos concellos de Oroso, Tordoia, Abegondo e Rois

31/10/19

O luns, 4 están convocados os veciños de Oroso; o mércores, 6 os de Tordoia e o xoves, 7 os de Abegondo e Rois.

O día 30 o Concello de Muros estreou a súa nova Sede Electrónica

30/10/19

Con novo aspecto e importantes melloras no uso e a funcionalidade, estréase a nova sede electrónica do Concello adherida ao Proxecto Provincial de Implantación da Administración Electrónica.

As 13 persoas que acudiron á formación sobre a sede electrónica do concello de Mañón valoran o carácter práctico da xornada

28/10/19

“Os exemplos prácticos sempre son útiles e axudan a entender mellor”, foi unha das apreciacións feitas polos participantes na charla que se desenvolveu no Concello de Mañón o mércores 23.

Caixa de suxestións

Contamos coa súa opinión para ofrecer cada día un mellor servizo.

Contacto

Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal