A lexislación marca a obriga das asociación a relacionarse coas Administracións Públicas a través das oficinas dixitais, e estas entidades non están soas neste paso: os seus concellos están organizando sesións formativas onde reciben formación para poder rexistrar as súas solicitudes para as convocatorias municipais nas sedes electrónicas dos concellos. Tamén estase a impartir formación sobre a solicitude de subvencións á Deputación a través da ferramenta SUBTEL.
Os 125 responsables de asociacións que até o momento aprenderon a solicitar subvencións municipais nas sedes súmanse aos restantes 250 cidadáns que se apuntaron ás diferentes sesións organizadas nos concellos da provincia para aprender a manexarse con soltura nas oficinas electrónicas e a coñecer os mecanismos de identificación que lles permiten facer uso da administración electrónica.
As 10 sesións sobre solicitude de subvencións na plataforma SUBTEL celebráronse en Arzúa, Cariño, Cedeira, Fene, Mugardos, Negreira, Oroso, Padrón, Sada e Val do Dubra, e polo momento están previstas 18 novas sesións en Camariñas, Carnota, Cerceda, Coristanco, Curtis, Laracha, Mañón, Melide, Miño, O Pino, Ponteceso, Rianxo, Santa Comba, Santiso, Teo, Tordoia, Trazo e Vedra. A Deputación invita ao resto dos concellos a que organicen xornadas deste tipo, que son impartidas por axentes do programa PEL-Concello Dixital do organismo provincial.
Diputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal