09:46:37 Mércores 9 de outubro 2024
Estás en:

200 responsables de asociacións recibiron xa formación sobre como solicitar subvencións a través das oficinas electrónicas dos seus concellos e da Deputación

3/12/19

A lexislación marca a obriga das asociación a relacionarse coas Administracións Públicas a través das oficinas dixitais, e estas entidades non están soas neste paso: os seus concellos están organizando sesións formativas onde reciben formación para poder rexistrar as súas solicitudes para as convocatorias municipais nas sedes electrónicas dos concellos. Tamén estase a impartir formación sobre a solicitude de subvencións á Deputación a través da ferramenta SUBTEL.

Os 125 responsables de asociacións que até o momento aprenderon a solicitar subvencións municipais nas sedes súmanse aos restantes 250 cidadáns que se apuntaron ás diferentes sesións organizadas nos concellos da provincia para aprender a manexarse con soltura nas oficinas electrónicas e a coñecer os mecanismos de identificación que lles permiten facer uso da administración electrónica.

As 10 sesións sobre solicitude de subvencións na plataforma SUBTEL celebráronse en Arzúa, Cariño, Cedeira, Fene, Mugardos, Negreira, Oroso, Padrón, Sada e Val do Dubra, e polo momento están previstas 18 novas sesións en Camariñas, Carnota, Cerceda, Coristanco, Curtis, Laracha, Mañón, Melide, Miño, O Pino, Ponteceso, Rianxo, Santa Comba, Santiso, Teo, Tordoia, Trazo e Vedra. A Deputación invita ao resto dos concellos a que organicen xornadas deste tipo, que son impartidas por axentes do programa PEL-Concello Dixital do organismo provincial.

Cartel.
Formación de SUBTEL en Oroso
Formación de SUBTEL en Padrón.
Formación de SUBTEL en Val do Dubra.
Volver

Caixa de suxestións

Contamos coa súa opinión para ofrecer cada día un mellor servizo.

Contacto

Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal