Reencontro coa formación presencial dos sarxentos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña
24/11/21
No Pazo provincial, os sarxentos do Consorcio recibiron formación presencial para profundizar no coñecemento da tramitación electrónica na plataforma de uso compartido das EELL da provincia, TEDeC.
Os Concellos da Coruña e a Deputación, reforzan a súa aposta por alcanzar un modelo de Concello Dixital, a través dun gran proxecto global de transformación.
7/10/21
O proxecto, cun enfoque innovador que impulsará a evolución das entidades locais no ámbito tecnolóxico, organizacional e persoal, partirá dos esforzos realizados por cada Concello ata o momento no ámbito dixital.
Materialízase o procedemento electrónico para a presentación/consulta de proxectos visados do Colexio de Enxeñeiros Técnicos Industriais da Coruña (COETICOR), o que permitirá simplificar a tramitación das licenzas e outros actos urbanísticos.
13/07/21
O Colexio de Enxeñeiros Técnicos Industriais da Coruña (COETICOR) en colaboración coa Deputación da Coruña, logran simplificar a tramitación das licenzas e outros actos urbanísticos ao permitir que os concellos da provincia da Coruña descarguen a documentación técnica dos solicitantes a través da plataforma dixital de COETICOR.
Encontro telemático entre máis de 50 arquitectos e persoal técnico da Deputación, de concellos da provincia e do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
26/01/21
Hoxe, máis de 50 arquitectos e persoal técnico da Deputación e concellos da provincia, participaron nun encontro telemático con técnicos do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, co fin de resolver dúbidas respecto da integración entre a plataforma de tramitación electrónica de expedientes municipais (TEDeC) e a plataforma do COAG.
O presidente da Deputación da Coruña e a decana do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) asinan un convenio de colaboración que permitirá simplificar a tramitación das licenzas e outros actos urbanísticos.
14/12/20
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, a decana do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG), Elena Ampudia Aixendri, asinaron un convenio de colaboración que permitirá simplificar a tramitación das licenzas e outros actos urbanísticos ao permitir que os concellos da provincia da Coruña descarguen a documentación técnica dos solicitantes a través da plataforma dixital do COAG.
Máis de 500 persoas manteñen activos os servizos da Deputación a través do teletraballo.
1/04/20
En pouco máis dunha semana, máis de 500 empregados da Deputación da Coruña traballan desde as súas casas para manter en funcionamento os servizos que o goberno provincial definiu como esenciais.
O día 2 a Mancomunidade Concellos Serra do Barbanza estrenou a súa nova Sede Electrónica
2/03/20
Con novo aspecto e importantes melloras no uso e a funcionalidade, estrease a nova sede electrónica da Mancomunidade Concellos Serra do Barbanza adherida ao Proxecto Provincial de Implantación da Administración Electrónica.
Formación para as asociacións de Muxía
26/02/20
Vinte representantes das diferentes asociacións de Muxía acudiron onte a unha xornada formativa coordinada polo Concello. O obxectivo, dar a coñecer as Sedes Electrónicas da Deputación e do Consistorio para poder acceder aos diferentes plans de subvencións e axudas.
Asociacións máis dixitais: 400 dos seus responsables formáronse no uso das sedes electrónicas e da plataforma da Deputación para solicitar subvencións
4/02/20
Desde que hai tres meses Negreira estreara a primeira das formacións grupais para asociacións sobre como usar SUBTEL, a plataforma de presentación de solicitudes de subvencións da Deputación, 240 membros destas entidades recibiron formación nas diferentes sesións organizadas nos seus concellos. Este número súmase aos 160 responsables de asociacións que dende xuño do pasado ano acudiron ás xornadas formativas sobre as súas sedes electrónicas municipais.
Reforzar a concienciación sobre seguridade e protección de datos das plantillas municipais, nova liña de traballo da Deputación nos concellos
27/01/20
O órgano provincial reforzará o coñecemento da normativa e as medidas básicas de seguridade que acompañan a implantación da administración electrónica coa intervención dos axentes do proxecto PEL-Concello Dixital.