O Concello de Touro recibe o impulso de Concello Dixital e avanza na súa aposta pola administración electrónica e a transformación dixital
1/08/22
A sede municipal acolleu a pasada semana varias xornadas de formación para os empregados públicos sobre diversas áreas funcionais do tramitador TEDeC.
A Comisión Europea impulsa a súa transformación dixital
22/07/22
A “Estratexia Dixital de Próxima Xeración” da Comisión Europea define a folla de ruta cara unha administración máis áxil e transformada dixitalmente.
O proceso de transformación dixital executado en Irixoa consolida o uso da Administración Electrónica e reforza a súa relación coa cidadanía
19/07/22
O esforzo e total disposición das empregadas e empregados públicos foron as claves do éxito da implantación do Concello Dixital en Irixoa.
Concello Dixital desenvolve dúas sesións de formación sobre a remisión de documentos a órganos de Xustiza coa plataforma INSIDE e o tramitador TEDeC
1/07/22
As xornadas, realizadas de modo telemático, convocaron a máis de 50 empregados públicos das entidades da provincia.
Corcubión prepara a súa transformación para converterse en Concello Dixital
28/06/22
O municipio coruñés acometerá nos vindeiros tres meses profundos cambios na súa organización co obxectivo de mellorar a súa eficiencia interna e a atención á cidadanía.
O Concello de Curtis consolida o seu proceso de transformación dixital
9/06/22
A boa disposición e implicación de todo o persoal permitiu a consecución de todos os obxectivos previstos nas actuacións propostas.
O Concello de Irixoa presenta os resultados da súa fase piloto de Concello Dixital
9/06/22
O equipo do proxecto desprazouse a finais de maio á sede municipal para presentar aos seus responsables o resumo das actuacións realizadas no últimos tres meses, así como os indicadores extraídos ao peche do período.
O Concello de Santa Comba xa dispón de Oficina de Rexistro Cl@ve
7/06/22
Este método de rexistro permite aos veciños e veciñas acceder a todo o catálogo de servizos e trámites da Sede electrónica.
Concello Dixital lanza a súa canle de información en Twitter
27/05/22
O proxecto de transformación comezou a difundir contido o luns 23 de maio, a través desta rede social.
A Diputación da Coruña e Concello Dixital lanzan unha nova web sobre transformación dixital e Administración Electrónica para entidades locais
13/05/22
O portal que agora se publica canalizará toda a actividade de difusión, consulta, formación e información xeral sobre a transformación dixital no eido da Administración Local.