Impulsar o uso das sedes e reforzar os portais de transparencia, entre as tarefas dos axentes do proxecto PEL-Concello Dixital neste trimestre
09/07/19
Os axentes dinamizadores do proxecto PEL-Concello Dixital continúan co seu traballo de impulso á transformación dixital nos 70 concellos adheridos ao programa.
Os veciños coñeceron as vantaxes de usar a sede electrónica de Brión e os mecanismos de identificación dixital no taller celebrado na súa aula informática
09/07/19
Nunha sesión de hora e media, as persoas que acudiron á convocatoria do concello de Brión do pasado venres 5, puideron ver como empregar o sistema Clave de identificación electrónica, o certificado electrónico emitido pola FNMT ou o DNI dixital.
O Concello de Arzúa dá publicidade á súa Sede Electrónica a través da emisora de Radio Local
08/07/19
Co obxectivo de dar a coñecer e promocionar o uso e as funcionalidades da Sede Electrónica para facilitar aos cidadáns as súas xestións co Concello de maneira telemática.
Camariñas impulsa o uso da súa sede electrónica organizando unha formación sobre o seu uso para a veciñanza e as asociacións
05/07/19
As persoas asistentes poderán navegar pola sede electrónica en calquera dos dez ordenadores da aula CeMIT onde se impartirá a formación, que terá lugar o vindeiro mércores, día 10.
Brión invita á veciñanza a formarse no uso da súa Sede electrónica nun taller que terá lugar o vindeiro venres 5
02/07/19
No taller formativo, que se desenvolverá na aula CeMIT, os veciños de Brión poderán coñecer o funcionamento e as vantaxes da oficina electrónica do concello.
Máis de 30 responsables de asociacións fórmanse en Arzúa sobre o procedemento de solicitude de subvencións a través da Sede electrónica do concello
02/07/19
Un taller de dúas horas de duración serviu para que arredor de 30 persoas, todas elas responsables e membros de entidades deportivas, culturais e educativas, recibisen formación sobre o funcionamento da Sede, centrando a súa atención no procedemento para a solicitude de subvencións.