Un taller de dúas horas de duración serviu para que arredor de 30 persoas, todas elas responsables e membros de entidades deportivas, culturais e educativas, recibisen formación sobre o funcionamento da Sede, centrando a súa atención no procedemento para a solicitude de subvencións.
As persoas asistentes recibiron tamén formación sobre os mecanismos de identificación cos que poden operar na Sede, e resolveron as súas dúbidas sobre o emprego da aplicación de sinatura electrónica Autofirma, que permite asinar os documentos presentados nun procedemento administrativo.
A iniciativa formativa, desenvolvida o pasado xoves 27 na aula CeMIT do concello, organizouse polos departamentos de Cultura e Deportes en colaboración coa Deputación, unha vez que a partir deste ano é obrigatorio tramitar as axudas municipais para festas parroquiais e actividades deportivas, culturais e educativas pola vía electrónica.
Impartiron a formación o responsable da aula CeMIT e a axente do programa PEL-Concello Dixital, que mostraron tamén como realizar as diferentes xestións que permite a oficina electrónica do concello.
Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal