00:52:46 Venres 22 de novembro 2024
Estás en:

Brión invita á veciñanza a formarse no uso da súa Sede electrónica nun taller que terá lugar o vindeiro venres 5

2/07/19

No taller formativo, que se desenvolverá na aula CeMIT, os veciños de Brión poderán coñecer o funcionamento e as vantaxes da oficina electrónica do concello.

O concello prevé que acudan arredor dunha treintena de persoas, nunha convocatoria que esperan teña especial repercusión entre a xente máis nova do concello, ao ser a que se achega con máis frecuencia a participar nos cursos organizados na aula CeMIT.

A impartición do taller nesta aula permitirá que os asistentes realicen as súas propias xestións nos equipos, familiarizándose co modo de acceso e os sistemas de identificación que permiten a utilización da plataforma, uns aspectos que se detallan tamén no folleto divulgativo sobre as Sedes electrónicas que recentemente vén de editar a Deputación da Coruña e que se repartirá tamén entre as persoas asistentes. A formación será impartida polo axente dinamizador do proxecto PEL-Concello Dixital.

A invitación á sesión está sendo divulgada a través da web do concello, correos electrónicos personalizados e mensaxería telefónica.

Cartel Sede Electrónica
Volver

Caixa de suxestións

Contamos coa súa opinión para ofrecer cada día un mellor servizo.

Contacto

Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal