00:31:00 Venres 22 de novembro 2024
Estás en:

Os veciños coñeceron as vantaxes de usar a sede electrónica de Brión e os mecanismos de identificación dixital no taller celebrado na súa aula informática

9/07/19

Nunha sesión de hora e media, as persoas que acudiron á convocatoria do concello de Brión do pasado venres 5, puideron ver como empregar o sistema Clave de identificación electrónica, o certificado electrónico emitido pola FNMT ou o DNI dixital.

Guiados pola axente do programa PEL-Concello Dixital da Deputación da Coruña fixeron tamén un percorrido por varios dos procedementos que poden tramitarse a través da sede electrónica de Brión, a calquera hora do día e desde calquera dispositivo dixital.

O concello prevé organizar outra sesión formativa para o vindeiro mes de setembro, co obxectivo de seguir impulsando o uso da sede pola cidadanía.

Xornada Sede Electrónica Brión
Volver

Caixa de suxestións

Contamos coa súa opinión para ofrecer cada día un mellor servizo.

Contacto

Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal