Preséntase en Bratislava o PROXECTO DE ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA da Deputación da Coruña para EELL
22/11/19
A Deputación Provincial da Coruña aposta pola transformación dixital, ofrecendo a todos os seus municipios unha plataforma completa para cumprir coas esixencias legais en materia de Administración Electrónica.
A Deputación proporciona soporte e formación aos concellos para que publiquen todas as súas novas oficiais no Taboleiro de Anuncios Electrónico das súas sedes
19/11/19
En cumprimento das leis que subliñan o dereito dos cidadáns a relacionarse coa Administración pola vía electrónica, os concellos están a recibir formación para publicar todas as súas novas no Taboleiro de Anuncios da sede electrónica.
250 persoas coñecen a fondo como empregar as súas sedes electrónicas trala formación impartida nos seus respectivos concellos
12/11/19
As sesións impartidas desde que comezou novembro até hoxe despertaron o interese de 69 persoas en Oroso, Rois, Abegondo, Mazaricos, Vilarmaior e Zas. Estas charlas súmanse ás celebradas desde xuño noutros 19 concellos da provincia.
As novas corporacións municipais responden positivamente ás iniciativas para reforzar e impulsar a administración dixital
7/11/19
As 19 charlas sobre a administración electrónica xa celebradas nos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia contaron coa participación de 70 concelleiros/as e alcaldes/as. A día de hoxe están convocadas outras 14 sesións.