As sesións impartidas desde que comezou novembro até hoxe despertaron o interese de 69 persoas en Oroso, Rois, Abegondo, Mazaricos, Vilarmaior e Zas. Estas charlas súmanse ás celebradas desde xuño noutros 19 concellos da provincia.
O comentario máis frecuente nas avaliacións realizadas polas persoas asistentes ás sesións formativas é que as sedes electrónicas son sinxelas e útiles, e que as formacións deste tipo son interesantes e claras.
Onte, 25 persoas seguiron con atención en Mazaricos as explicacións impartidas pola axente do proxecto PEL-Concello Dixital da Deputación. Engádense ás 14 que asistiron ás formacións de hoxe en Zas e Vilarmaior.
Con este esforzo organizador dos concellos, son xa máis de 250 persoas as persoas formadas en 25 concellos no uso das súas oficinas electrónicas municipais, desde que comezaron a celebrarse estas xornadas no pasado mes de xuño. O coñecemento adquirido nas sesións permite ás persoas asistentes iniciar trámites nos seus concellos de maneira cómoda e segura, en calquera momento e desde calquera lugar, en cumprimento da normativa que ampara o seu dereito a relacionarse coa Administración a través de medios dixitais.
Nas últimas semanas organizáronse sesións formativas sobre as sedes nos concellos de Cedeira, Cerceda, Somozas, Miño, Oroso, Abegondo e Rois. Precederon ás convocadas para o vindeiros días 18 en San Sadurniño e 20 en Sada.
Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal