Arzúa forma aos responsables das asociacións na solicitude de subvencións municipais a través da súa sede electrónica
25/06/19
Os departamentos de Cultura e Deportes do concello, en colaboración coa Deputación, organizan un taller formativo para ensinar a solicitar as subvencións municipais a través da Sede electrónica. Será o vindeiro xoves 27, a partires das 20:00, na aula CeMIT do concello. Están convocados os responsables das asociacións e entidades sen ánimo de lucro do concello, que estes días están a recibir a invitación para asistir a esta xornada.
Aranga convoca ás asociacións do municipio a unha sesión formativa sobre a súa Sede electrónica
25/06/19
Xullo arranca con novas iniciativas divulgativas para formar á cidadanía en administración dixital. En Aranga, os responsables das asociacións do municipio están convocados, o martes 2, a unha xornada formativa na que coñecerán como empregar a Sede electrónica do concello e as vantaxes do seu uso.
Boqueixón celebróu o luns 17 unha xornada formativa sobre a súa Sede Electrónica
18/06/19
Na súa aula de informática coa presencia de asociacións e varios cidadáns, celebrouse unha xornada de formación.
Boqueixón convoca aos veciños e asociacións a unha xornada formativa sobre a súa Sede Electrónica
12/06/19
O concello impulsa o coñecemento da súa renovada Sede electrónica entre a veciñanza e as asociacións do municipio cunha sesión formativa que se impartirá o vindeiro luns, 17 na súa aula de Informática.