16:51:03 Mércores 13 de novembro 2024
Estás en:

Boqueixón convoca aos veciños e asociacións a unha xornada formativa sobre a súa Sede Electrónica

12/06/19

O concello impulsa o coñecemento da súa renovada Sede electrónica entre a veciñanza e as asociacións do municipio cunha sesión formativa que se impartirá o vindeiro luns, 17 na súa aula de Informática.

Tralo impulso que supuxo a renovación do aspecto e as funcionalidades da Sede electrónica no pasado mes de febreiro, o concello de Boqueixón organiza agora unha sesión formativa destinada a fomentar o seu uso e coñecemento polos cidadáns e responsables das asociacións do municipio. Nun taller de dúas horas de duración, os veciños e veciñas poderán coñecer o modo de acceso e os sistemas de identificación así como as xestións que poden realizar a calquera hora do día. Pola súa parte, as asociacións coñecerán o proceso para solicitar as subvencións a través da páxina, entre outros servizos.

A formación será impartida pola axente dinamizadora do proxecto PEL-Concello Dixital, dentro das iniciativas da Deputación destinadas a potenciar a implantación da administración dixital nos concellos coruñeses de menos de 20.000 habitantes.

Volver

Caixa de suxestións

Contamos coa súa opinión para ofrecer cada día un mellor servizo.

Contacto

Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal