Materialízase o procedemento electrónico para a presentación/consulta de proxectos visados do Colexio de Enxeñeiros Técnicos Industriais da Coruña (COETICOR), o que permitirá simplificar a tramitación das licenzas e outros actos urbanísticos.
13/07/21
O Colexio de Enxeñeiros Técnicos Industriais da Coruña (COETICOR) en colaboración coa Deputación da Coruña, logran simplificar a tramitación das licenzas e outros actos urbanísticos ao permitir que os concellos da provincia da Coruña descarguen a documentación técnica dos solicitantes a través da plataforma dixital de COETICOR.