COETICOR en coordinación coa Deputación provincial da Coruña, materializou o procedemento electrónico para que os servizos técnicos dos Concellos da Provincia poidan consultar directamente os proxectos visados no seu Colexio evitando que o promotor/cidadán os teña que presentar ou engadir cando acomete trámites de licenza ou solicitudes de autorización que precisen ser acompañadas de calquera documento técnico profesional que se elaborou por un/s Enxeñeiro/s Técnico/s Industrial/ais.
Esta opción figura no formulario de cada Concello e é idéntica en todos os casos, con este formato:
Como se aprecia, trátase de autorizar ao Concello o acceso á Plataforma de COETICOR na que figura depositado cada traballo visado, viabilizando a súa revisión e acelerando a emisión de autorizacións e licenzas a favor dos promotores e emprendedores titulares de instalacións e obras.
Animamos a que se utilice ao máximo esta vía na que COETICOR implícase poñendo en práctica as súas políticas de impulso da administración electrónica.
Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal