Formación para as asociacións de Muxía
26/02/20
Vinte representantes das diferentes asociacións de Muxía acudiron onte a unha xornada formativa coordinada polo Concello. O obxectivo, dar a coñecer as Sedes Electrónicas da Deputación e do Consistorio para poder acceder aos diferentes plans de subvencións e axudas.
Asociacións máis dixitais: 400 dos seus responsables formáronse no uso das sedes electrónicas e da plataforma da Deputación para solicitar subvencións
4/02/20
Desde que hai tres meses Negreira estreara a primeira das formacións grupais para asociacións sobre como usar SUBTEL, a plataforma de presentación de solicitudes de subvencións da Deputación, 240 membros destas entidades recibiron formación nas diferentes sesións organizadas nos seus concellos. Este número súmase aos 160 responsables de asociacións que dende xuño do pasado ano acudiron ás xornadas formativas sobre as súas sedes electrónicas municipais.