11:59:46 Venres 25 de outubro 2024
Estás en:

Asociacións máis dixitais: 400 dos seus responsables formáronse no uso das sedes electrónicas e da plataforma da Deputación para solicitar subvencións

4/02/20

Desde que hai tres meses Negreira estreara a primeira das formacións grupais para asociacións sobre como usar SUBTEL, a plataforma de presentación de solicitudes de subvencións da Deputación, 240 membros destas entidades recibiron formación nas diferentes sesións organizadas nos seus concellos. Este número súmase aos 160 responsables de asociacións que dende xuño do pasado ano acudiron ás xornadas formativas sobre as súas sedes electrónicas municipais.

O pasado xoves, en Cerceda, recibiron a formación 17 responsables de organizacións. Ante o elevado interese das asociacións da zona, o concello podería organizar unha nova convocatoria. Neste segundo trimestre de formación sobre este tema, están convocadas tamén sesións en Miño, para o 5 de febreiro, en Sada, para o 20, e en Ordes o 26. Súmanse así aos 29 concellos nos que xa se impartiron outras 31 sesións formativas, algunhas tan numerosas como a celebrada o pasado 11 de decembro na Laracha, á que asistiron 22 persoas.

O asesoramento que os/as axentes dinamizadores do programa PEL-Concello Dixital da Deputación proporciona neste eido compleméntase co servizo de atención persoa a persoa que nalgúns municipios se presta tamén aos membros das asociacións, coincidindo cos días en que estes profesionais visitan os concellos. Todas as persoas interesadas poden informarse nos seus respectivos concellos de se este servizo está activado e, no seu caso, do horario e datas de atención.

Con esta liña de atención, a Deputación e os concellos contribúen a facilitar a relación das asociacións coas administracións públicas, agora que a lexislación marca a súa obriga de xestionar todos os trámites pola vía dixital.

Ligazón a EIDOLOCAL

Un momento da sesión formativa impartida en Cedeira o xoves, 30 de xaneiro.
Volver

Caixa de suxestións

Contamos coa súa opinión para ofrecer cada día un mellor servizo.

Contacto

Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal