Sedes Electrónicas E.E.L.L. da provincia da Coruña

02:27:27 Mércores 11 de decembro 2019
Estás en:

Actualidade

Últimas noticias

16 novas Entidades Locais da provincia intégranse no Sistema de Interconexión de Rexistros.

28/09/17

Os concellos de Arteixo, Vilasantar, Touro, Valdoviño, Negreira, Vilarmaior, Brión, Mesía, Aranga, Monfero, Sobrado, Mazaricos, Paderne, Tordoia, Dumbría e A Baña atópanse, desde hai uns días, plenamente integrados no SISTEMA DE INTERCONEXIÓN DE REXISTROS (SIR), o que implica que poderán recibir/enviar un escrito dun cidadán desde/cara a calquera das oficinas de rexistro integradas no sistema.

26 novas Entidades Locais da provincia xa poden enviar as súas notificacións de maneira electrónica.

11/07/17

Os cidadáns dos concellos de Bergondo, Boiro, Boimorto, Cabana de Bergantiños, A Capela, Carballo, Carnota, Carral, Cerdido, Coristanco, Curtis, Frades, Laxe, Lousame, Mañón, Malpica, Miño, Melide, Moeche, Mugardos, Muxía, Negreira, Ordes, Ponteceso, Zas e o Consorcio contra Incendios, poden solicitar que as súas notificacións sexan enviadas á súa caixa de correos de correo electrónico, aviso previo da súa posta a disposición.

13 novas Entidades Locais da provincia intégranse no Sistema de Interconexión de Rexistros.

11/07/17

Os concellos de Fene, Betanzos, Boimorto, Cee, Irixoa, Malpica, Miño, Padrón, Toques, Santa Comba, As Somozas, Cabanas e o Consorcio de As Mariñas atópanse, desde hai uns días, plenamente integrados no SISTEMA DE INTERCONEXIÓN DE REXISTROS (SIR), o que implica que poderán recibir/enviar un escrito dun cidadán desde/cara a calquera das oficinas de rexistro integradas no sistema.

O luns, 29 de Maio, o Concello de Tordoia estrenou a súa SEDE ELECTRÓNICA

29/05/17

Tordoia e o octaséximo séptimo Concello en inaugurar a súa Sede-e.

O mercores, 24 de Maio, o Concello de Carballo estrenou a súa SEDE ELECTRÓNICA

25/05/17

Carballo e o octaséximo sexto Concello en inaugurar a súa Sede-e.

25 novos Concellos da provincia intégranse no Sistema de Interconexión de Rexistros.

11/05/17

Os concellos de Bergondo, Boiro, Cabana de Bergantiños, Camariñas, Cambre, A Capela, Carballo, Carnota, Carral, Cerceda, Cerdido, Coristanco, Curtis, Frades, A Laracha, Laxe, Mañón, Melide, Moeche, Muxía, Ordes, Ponteceso, Vedra, Vimianzo e Zas atópanse, desde Hai uns días, plenamente integrados no SISTEMA DE INTERCONEXIÓN DE REXISTROS (SIR), o que implica que poderán recibir/enviar un escrito dun cidadán desde/cara a calquera das oficinas de rexistro integradas no sistema.

Comeza a formación en Administración Electrónica, dentro do Plan de Formación Agrupado da Deputación Provincial

26/04/17

O pasado 21 de Abril celebrouse na sede da Deputación o curso Plataforma electrónica integrada: visión Xeral, dando comezo a unha serie de 15 cursos que se celebrarán ao longo de todo o ano 2017, orientados á formación dos funcionarios da provincia nas novas plataformas de Administración Electrónica e a adaptación ás leis 39 e 40 do 1 de Outubro de 2015.

Gran éxito das Xornadas organizadas pola AMTEGA (Xunta de Galicia) e a FEGAMP, para coñecer os novos servizos de Administración Electrónica e o seu marco legal.

27/03/17

Na inauguración interveu o vicepresidente da Fegamp e alcalde de Oroso, resaltando que a dixitalización dos procesos administrativos é, en moitas ocasións, unha "odisea" para os municipios pequenos, que se enfrontan a un gran cambio na atención aos cidadáns.


Máis de 350 persoas asisten na Deputación ás Xornadas formativas sobre a Plataforma de Xestión de Expedientes Electrónicos TEDeC 2.2.0

20/03/17

Gran éxito de asistencia as Xornadas de Formación sobre as novidades que ofrece a plataforma TEDeC para dar cobertura á implantación plena da Administración Electrónica nas Entidades Locais da provincia.

Caixa de suxestións

Contamos coa súa opinión para ofrecer cada día un mellor servizo.

Contacto

Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal