11:31:40 Xoves 21 de novembro 2024
Estás en:

A plataforma de tramitación electrónica TEDeC obtén a certificación no Esquema Nacional de Seguridade

30/11/22

Esta certificación achega garantías á plataforma de Administración Electrónica que sustenta o traballo municipal e supón un grande avance para garantir a seguridade da información dos nosos cidadáns.

Concello Dixital - Deputación da Coruña

A plataforma de administración electrónica TEDeC da Deputación da Coruña, núcleo tecnolóxico do seu proxecto de transformación das entidades locais (Concello Dixital), foi certificada no Esquema Nacional de Seguridade (ENS) na categoría media.

Os servizos e sistemas que dan soporte a TEDeC foron recentemente sometidos á obrigada auditoría que informou da súa conformidade coas esixencias do Real Decreto 3/2010 do 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema Nacional de Seguridade no eido da Administración Electrónica.

A finalidade do Esquema Nacional de Seguridade é a creación das condicións necesarias de confianza no uso dos medios electrónicos, a través de medidas para garantir a seguridade dos sistemas, os datos, as comunicacións, e os servizos electrónicos, que permita aos cidadáns e ás Administracións públicas, o exercicio de dereitos e o cumprimento de deberes a través destes medios.

Tras este fito, a plataforma TEDeC, xunto aos seus servizos e trámites vinculados, sitúase na vangarda do cumprimento normativo en materia de protección dos servizos e dos datos, como activo esencial para a Administración Dixital fronte a atacantes e/ou ameazas.

A consecución desta certificación é froito do intenso traballo de colaboración entre a Deputación da Coruña e as entidades adscritas ao proxecto Concello Dixital.

Concello Dixital - Certificación ENS
Volver

Caixa de suxestións

Contamos coa súa opinión para ofrecer cada día un mellor servizo.

Contacto

Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal