Sedes Electrónicas E.E.L.L. da provincia da Coruña

15:50:48 Sábado 7 de decembro 2019
Estás en:

Actualidade

Últimas noticias

Nova xornada de formación para os traballadores municipais da área económica, no marco do proxecto de administración electrónica.

25/05/18

O pasado luns 21 de maio, o Concello de Rianxo, en colaboración coa Deputación, expuxo como se implantou o procedemento de tramitación electrónica de facturas no Concello, facendo uso da integración do sistema de tramitación TEDeC coa aplicación contable Sicalwin.

Participación cidadá - Proxecto de Administración Electrónica.

10/05/18

Os esforzos da Deputación de Coruña en materia de participación dixital atopan un novo impulso en marzo de 2018 co comezo do proxecto “Estudo sobre a participación cidadá dos Concellos da Provincia integrados na Plataforma de Administración Electrónica”.

Inicio do proxecto de Participación Cidadá no marco da Implantación de Administración Electrónica na provincia

2/04/18

Como parte dos esforzos para fomentar e facilitar a transparencia, o goberno aberto e a participación cidadá, a Deputación de Coruña puxo en marcha un proceso dirixido ao diagnóstico do estado da provincia, canto á información cidadá e ao impulso da realización de procesos participativos nos distintos municipios da provincia.

O Sistema de Interconexión de Rexistros (SIR) consolídase como servizo de administración electrónica.

19/02/18

Desde a súa posta en funcionamento multiplicouse por quince o número de rexistros electrónicos anualmente enviados a través de SIR. O número actual de intercambios supera os 5.600.000, realizándose unha media de 300.000 intercambios mensuais.

A integración das Entidades Locais españolas no SIR

15/01/18

Tal como revela a noticia do PAe, máis de 2.000 Entidades Locais intercambian asentos rexistrais electronicamente polo Sistema de interconexión de Rexistros, o que representa aproximadamente o 25% das Entidades Locais do noso país.

Finaliza a implantación do Módulo de Decretos da Plataforma de Tramitación de Expedientes Electrónicos (TEDeC) da Deputación provincial da Coruña.

2/01/18

A provincia da Coruña segue avanzando con pasos firmes cara á plena implantación da Administración Electrónica.

Hoxe, na sede da Deputación Provincial, preséntase a nova imaxe de TEDeC (Tramitador de Expedientes Electrónicos) aos técnicos municipais.

12/12/17

A provincia segue avanzando de face a alcanzar a plena implantación da Administración Electrónica.


19 novas Entidades Locais da provincia intégranse no Sistema de Interconexión de Rexistros.

3/11/17

Os concellos de Arzúa, Boqueixón, Cedeira, Coirós, Corcubión, Dodro, Fisterra, Lousame, Mugardos, Neda, Outes, O Pino, Rois, San Sadurniño, Santiso, Teo, Trazo, Val do Dubra e Consorcio Provincial Contraincendios atópanse, desde hai uns días, plenamente integrados no SISTEMA DE INTERCONEXIÓN DE REXISTROS (SIR), o que implica que poderán recibir/enviar un escrito dun cidadán desde/cara a calquera das oficinas de rexistro integradas no sistema.

38 novas Entidades Locais da provincia xa poden enviar as súas notificacións de maneira electrónica.

2/11/17

Os cidadáns dos concellos de Ames, Aranga, Arteixo, Arzúa, A Baña, Boqueixon, Brión, Cabanas, Cariño, Cee, Coirós, Corcubión, Dodro, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Mesía, Monfero, Neda, Outes, Paderne, Padrón, O Pino, Rois, San Sadurniño, Santa Comba, Santiso, Sobrado, As Somozas, Teo, Toques, Tordoia, Touro, Trazo, Val do Dubra, Valdoviño, Vilarmaior e Vilasantar poden solicitar que as súas notificacións sexan enviadas á súa caixa de correos de correo electrónico, aviso previo da súa posta a disposición.

Caixa de suxestións

Contamos coa súa opinión para ofrecer cada día un mellor servizo.

Contacto

Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal