Sedes Electrónicas E.E.L.L. da provincia da Coruña

12:49:00 Xoves 19 de setembro 2019
Estás en:

Actualidade

Últimas noticias

Os asistentes á sesión formativa do concello de Vedra destacan a utilidade e comodidade da sede electrónica

18/09/19

As cinco persoas que acudiron ao taller sobre Sede electrónica e conceptos básicos da administración dixital destacaron a importancia de recibir formación neste eido, xa que a administración electrónica é xa unha realidade aínda descoñecida por moitos.

Asociacións e veciños de Vedra poderán coñecer a fondo a súa sede electrónica o vindeiro luns, 16

13/09/19

Ás sete de media da tarde está convocada unha sesión formativa sobre a oficina electrónica do concello. Impartirase na aula CeMIT por parte da axente dinamizadora do programa PEL-Concello Dixital da Deputación da Coruña.

Sobrado invita aos veciños a formarse no uso da súa sede electrónica o vindeiro luns, día 2

28/08/19

O concello convoca unha sesión formativa para que as persoas asistentes poidan coñecer que tramites poden facer na oficina electrónica do concello e como facelos, así como os mecanismos de identificación que lles permiten empregar a sede.

Os participantes na formación sobre a sede electrónica de Betanzos destacan a necesidade de fomentar a capacitación dixital

22/08/19

A sesión desenvolveuse o pasado mércores, 21, na aula CEMIT do concello.

Betanzos convoca á veciñanza a unha sesión formativa sobre a súa sede electrónica o mércores 21

19/08/19

Na aula CeMIT do concello, situada na rúa Emilio Romay, nº 1, as persoas asistentes poderán formarse no uso da oficina electrónica do concello e nos métodos de identificación que lles permiten empregala.

O Concello de Cerceda dá publicidade á súa Sede Electrónica a través da emisora de Radio Local.

31/07/19

Co obxectivo de dar a coñecer e promocionar o uso e as funcionalidades da Sede Electrónica para facilitar aos cidadáns as súas xestións co Concello de maneira telemática.

Os asistentes á formación sobre a Sede en Mesía valoran a súa comodidade para xestionar trámites desde calquera lugar

31/07/19

A sesión formativa tivo lugar o martes, 30, na Casa da Cultura de Xanceda.

Mesía forma á mocidade do concello no uso da súa sede electrónica

29/07/19

Un taller formativo que terá lugar o martes 30, ás 11 da mañá, servirá para que as mozas e mozos que interveñen nun programa de voluntariado do concello coñezan a sede electrónica de Mesía e o seu funcionamento.

A transparencia impórtanos

26/07/19

Un obxectivo que require unha constante posta ao día.

Nove persoas asisten ao taller formativo para aprender a manexar a sede electrónica de Vimianzo

22/07/19

Guiados pola axente dinamizadora do proxecto PEL-Concello Dixital, as persoas asistentes á formación coñeceron as diferentes formas de identificación dixital e o funcionamento da sede electrónica do concello de Vimianzo, onde viron diferentes exemplos de trámites

Caixa de suxestións

Contamos coa súa opinión para ofrecer cada día un mellor servizo.

Contacto

Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal