Sedes Electrónicas E.E.L.L. da provincia da Coruña

13:31:58 Martes 17 de maio 2022
Estás en:

Concello Dixital imparte dúas sesións de formación sobre o tramitador TEDeC a 135 técnicos municipais de Cultura e Deportes da provincia.

11/03/22

O obxectivo é dotar aos empregados públicos dos coñecementos precisos acerca das funcionalidades relacionadas coa súa área de desempeño.

Concello Dixital - Deputación da Coruña

A área de Implantación desenvolveu a pasada semana dúas sesións formativas, de carácter telemático, orientada aos empregados públicos das áreas de Cultura e Deporte das entidades locais. Estas accións encádranse dentro do despregamento continuo e evolutivo que está a realizar a Deputación da Coruña sobre a súa plataforma de tramitación electrónica TEDeC, dentro do proxecto global de transformación Concello Dixital.

Na primeira das sesións, de carácter teórico, presentáronse de forma xeral as últimas actualizacións do tramitador e profundouse no traballo coas familias de expedientes e os seus procedementos relacionados. Así, as actividades deportivas, a programación turística ou a reserva de instalacións municipais foron algúns dos procedementos explicados.

Na segunda da xornada abordáronse casos prácticos e a resolución de cuestións específicas relacionadas coas áreas de interese. Ambas tiveron o seu espazo para o debate e a resolución de dúbidas expostas polos asistentes.

Concello Dixital - Formación Técnicos Cultura e Deportes
Volver

Caixa de suxestións

Contamos coa súa opinión para ofrecer cada día un mellor servizo.

Contacto

Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal