Sedes Electrónicas E.E.L.L. da provincia da Coruña

13:26:06 Martes 17 de maio 2022
Estás en:

Técnicos municipais asisten a unha sesión práctica sobre a difusión e formación á cidadanía no uso das sedes electrónicas locais

11/03/22

A xornada de carácter participativo, completarase cunha unidade didáctica para que os asistentes dispoñan de coñecementos e material que lles axude na difusión do novo modelo de relación dixital entre concellos e veciños.

Concello Dixital - Deputación da Coruña

Técnicos municipais dos concellos que acollen as probas piloto do proxecto Concello Dixital asistiron a pasada semana na sede da Deputación da Coruña a unha sesión formativa sobre as sedes electrónicas das entidades locais. A convocatoria foi realizada ao abeiro do proxecto de transformación das entidades locais da provincia e estivo impartida por técnicos do ente provincial.

A xornada tivo un marcado carácter participativo onde o persoal dos concellos comentou a ampla casuística de situacións ás que se enfrontan no seu traballo diario desde a súa posición de nexo entre a administración electrónica e o cidadán. Esta valiosa información será incorporada á base de coñecemento do proxecto en forma de unidade didáctica sobre o uso das sedes dixitais pola cidadanía.

Estes encontros dan reposta á demanda de formación continua dos concellos para dotar ao seu persoal do coñecemento necesario acerca das potencialidades que as súas sedes electrónicas ofrecen á cidadanía, con vocación de incorporar accións destinadas á súa difusión nas programacións das súas actividades locais.

Concello Dixital - Formación de Formadores 3 Marzo 2022
Volver

Caixa de suxestións

Contamos coa súa opinión para ofrecer cada día un mellor servizo.

Contacto

Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal