Sedes Electrónicas E.E.L.L. da provincia da Coruña

02:30:50 Venres 21 de xaneiro 2022
Estás en:

A plataforma TEDeC implementa o dilixenciado dixital de documentos de plan urbanístico pola administración municipal.

3/01/22

A nova funcionalidade recolle calquera etapa de xestión de plan que teña intercambio con outros organismos.

Concello Dixital - Deputación da Coruña

O equipo de soporte de TEDeC presentou a técnicos municipais o novo desenvolvemento que implementa e simplifica o proceso de sinatura e dilixenciado dos instrumentos de planeamento urbanístico, de conformidad con los dispuesto en las Normas Técnicas de Planeamento Urbanístico de Galicia (NNTTPP).

O tramitador incorpora aos documentos as marcas visibles dos datos asociados a sinatura electrónica, o texto da dilixencia e o código de verificación que conecta coa sede electrónica municipal. Os documentos asinados polo equipo redactor non perden validez en ningún momento.
Así mesmo, o desenvolvemento permite anexar toda a documentación adicional asociada e así compartir todos os documentos.

TEDeC garantiza a trazabilidade do documento desde o seu estado orixinal coa firma válida do redactor ata o documento asinado e dilixenciado dixitalmente pola administración municipal. Evítase así a circulación física de documentos e asegúrase a confidencialidade, respectando sempre o marco xurídico.

Planeamento Urbanístico

O despregamento da nova funcionalidade nas sedes electrónicas arrincará a primeira semana do ano de modo progresivo.

Volver

Caixa de suxestións

Contamos coa súa opinión para ofrecer cada día un mellor servizo.

Contacto

Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal