Sedes Electrónicas E.E.L.L. da provincia da Coruña

09:40:48 Sábado 6 de marzo 2021
Estás en:

Encontro telemático entre máis de 50 arquitectos e persoal técnico da Deputación, de concellos da provincia e do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia

26/01/21

Hoxe, máis de 50 arquitectos e persoal técnico da Deputación e concellos da provincia, participaron nun encontro telemático con técnicos do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, co fin de resolver dúbidas respecto da integración entre a plataforma de tramitación electrónica de expedientes municipais (TEDeC) e a plataforma do COAG.  

O obxectivo desta iniciativa é a interoperabilidade entre o procedemento de tramitación de traballos profesionais do COAG e a tramitación de licenzas e outros trámites urbanísticos dos Concellos, permitindo aos tramitadores e técnicos municipais o acceso telemático á documentación dos proxectos visados electronicamente no momento que sexa necesaria para a súa tramitación.

Isto achega vantaxes significativas entre as que cabe destacar: a normalización da documentación técnica garantindo a identidade e habilitación dos técnicos redactores; a simplificación da presentación por parte do cidadán, evitando desprazamentos e trámites presenciais e, en definitiva, a axilización dos procedementos administrativos e o aforro de custos. 

Volver

Caixa de suxestións

Contamos coa súa opinión para ofrecer cada día un mellor servizo.

Contacto

Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal