Sedes Electrónicas E.E.L.L. da provincia da Coruña

01:10:19 Mércores 11 de decembro 2019
Estás en:

250 persoas coñecen a fondo como empregar as súas sedes electrónicas trala formación impartida nos seus respectivos concellos

12/11/19

As sesións impartidas desde que comezou novembro até hoxe despertaron o interese de 69 persoas en Oroso, Rois, Abegondo, Mazaricos, Vilarmaior e Zas. Estas charlas súmanse ás celebradas desde xuño noutros 19 concellos da provincia.

O comentario máis frecuente nas avaliacións realizadas polas persoas asistentes ás sesións formativas é que as sedes electrónicas son sinxelas e útiles, e que as formacións deste tipo son interesantes e claras.

Onte, 25 persoas seguiron con atención en Mazaricos as explicacións impartidas pola axente do proxecto PEL-Concello Dixital da Deputación. Engádense ás 14 que asistiron ás formacións de hoxe en Zas e Vilarmaior.

Con este esforzo organizador dos concellos, son xa máis de 250 persoas as persoas formadas en 25 concellos no uso das súas oficinas electrónicas municipais, desde que comezaron a celebrarse estas xornadas no pasado mes de xuño. O coñecemento adquirido nas sesións permite ás persoas asistentes iniciar trámites nos seus concellos de maneira cómoda e segura, en calquera momento e desde calquera lugar, en cumprimento da normativa que ampara o seu dereito a relacionarse coa Administración a través de medios dixitais.

Nas últimas semanas organizáronse sesións formativas sobre as sedes nos concellos de Cedeira, Cerceda, Somozas, Miño, Oroso, Abegondo e Rois. Precederon ás convocadas para o vindeiros días 18 en San Sadurniño e 20 en Sada.

Xornada Sede Electrónica Abegondo Xornada Sede Electrónica Cerceda Xornada Sede Electrónica Oroso Xornada Sede Electrónica Rois
Volver

Caixa de suxestións

Contamos coa súa opinión para ofrecer cada día un mellor servizo.

Contacto

Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal