Sedes Electrónicas E.E.L.L. da provincia da Coruña

15:13:34 Sábado 7 de decembro 2019
Estás en:

A Deputación proporciona soporte e formación aos concellos para que publiquen todas as súas novas oficiais no Taboleiro de Anuncios Electrónico das súas sedes

19/11/19

En cumprimento das leis que subliñan o dereito dos cidadáns a relacionarse coa Administración pola vía electrónica, os concellos están a recibir formación para publicar todas as súas novas no Taboleiro de Anuncios da sede electrónica.

Deste xeito, toda a cidadanía poderá acceder á información desde calquera lugar, sen necesidade de desprazarse até o Concello.

A Deputación anima a todos os concellos a que empreguen os taboleiros electrónicos, en especial para todos aqueles actos e comunicacións que, por disposición legal ou regulamentaria, deben publicarse no taboleiro de edictos.

Para facelo, proporciona formación por parte dos axentes do proxecto PEL-Concello Dixital que, apoiados e coordinados co equipo do Servizo de Informática e Administración Electrónica da Deputación, imparten formación sobre o procedemento. A día de hoxe proporcionouse formación en 3 concellos e están xa previstas sesións formativas noutros 13.

O Concello de Abegondo foi pioneiro en publicar os seus propios textos no ano 2012. Agora, apoiados polo soporte que ofrece a Deputación, os restantes concellos da provincia comezan a publicar eles mesmos as novas e informacións oficiais. O Concello de Curtis foi o primeiro o pasado 14 de Novembro.

Taboleiro de Anuncios
Volver

Caixa de suxestións

Contamos coa súa opinión para ofrecer cada día un mellor servizo.

Contacto

Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal