Sedes Electrónicas E.E.L.L. da provincia da Coruña

02:34:53 Mércores 11 de decembro 2019
Estás en:

Preséntase en Bratislava o PROXECTO DE ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA da Deputación da Coruña para EELL

22/11/19

A Deputación Provincial da Coruña aposta pola transformación dixital, ofrecendo a todos os seus municipios unha plataforma completa para cumprir coas esixencias legais en materia de Administración Electrónica.

 

Presentación en Bratislava

Baixo o lema TEDeC, a solución completa de administración electrónica para municipios, baseada en SIGEM 02. A resposta ás necesidades dixitais dos municipios españois, a empresa INDRA/Minsait, actual Socio Tecnolóxico da Deputación para este proxecto, presentou en Bratislava as principais liñas de traballo, con gran acollida entre o público.

É para nós un orgullo que, entre os múltiples traballos que INDRA desenvolve a nivel internacional no ámbito da Administración Electrónica, o noso sexa o elixido.

No relatorio destacáronse os puntos fortes do proxecto: centrado no Cidadán; baseado na Interoperabilidade e Cooperación; aposta decidida pola compartición de recursos para conseguir un importante aforro de custos e un resultado sustentable.

Parabén a todos os implicados!

Benefits for Government and Citizens
Volver

Caixa de suxestións

Contamos coa súa opinión para ofrecer cada día un mellor servizo.

Contacto

Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal