Sedes Electrónicas E.E.L.L. da provincia da Coruña

10:54:16 Mércores 8 de xullo 2020
Estás en:

Novas sesións formativas para que veciños e asociacións coñezan como empregar as sedes electrónicas de Ponteceso, Mañón e Camariñas.

21/10/19

As formacións impartiranse o martes, 22 en Ponteceso, o mércores, 23 en Mañón e o xoves 24 en Camariñas.

En Ponteceso xa están inscritas máis dunha ducia de representantes de asociacións para participar na sesión formativa que terá lugar o martes, 22 ás 10 na Casa da Cultura. En Mañón, as persoas interesadas están convocadas o mércores, ás 5 da tarde, na Sala de actividades do concello; e en Camariñas a charla, a segunda que celebran neste concello e para a que non é necesaria a inscrición previa, está prevista para o xoves, 24, ás 11 da mañá na aula CeMIT.

Os tres concellos publicitaron esta sesión a través das súas redes sociais, nos seus tablóns dixitais e, no caso de Ponteceso, tamén a través de chamadas e mensaxes ás diferentes entidades asociativas do concello.

Cartel Facebook en Camariñas Cartel Facebook en Mañon
Volver

Caixa de suxestións

Contamos coa súa opinión para ofrecer cada día un mellor servizo.

Contacto

Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal