Sedes Electrónicas E.E.L.L. da provincia da Coruña

13:09:21 Luns 25 de maio 2020
Estás en:

Outubro arranca con tres sesións formativas sobre as oficinas electrónicas nos concellos da Baña, Vimianzo e Coristanco

2/10/19

No concello da Baña, os veciños están chamados a formarse sobre a súa sede electrónica nun taller que se desenvolverá o vindeiro mércores, día 2, na aula de informática.

Pola súa parte, en Vimianzo, os responsables de asociacións poderán coñecer a fondo como empregar a oficina electrónica do concello nun taller que se celebrará ás oito do serán na aula CeMIT da Casa da Cultura, que conta con 15 ordenadores.

En Coristanco, a xornada formativa será o venres ás 10, no edificio de servizos múltiples do concello.

Como vén sendo habitual, os talleres serán impartidos por axentes do programa PEL-Concello Dixital da Deputación, que mostrarán que tramites poden facerse na oficina electrónica municipal e como realizalos, así como os mecanismos de identificación que permiten empregar as sedes.

Formación Sede Electrónica Coristanco
Volver

Caixa de suxestións

Contamos coa súa opinión para ofrecer cada día un mellor servizo.

Contacto

Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal