Sedes Electrónicas E.E.L.L. da provincia da Coruña

19:22:31 Martes 26 de maio 2020
Estás en:

Sinxela e intuitiva: as persoas que recibiron formación sobre a sede electrónica de Santa Comba destacan estas características

24/09/19

Á sesión celebrada na aula CeMIT acudiron 10 persoas que apuntaron, na enquisa que cubriron ao final do taller, a utilidade da oficina electrónica do concello.

Como vén sendo habitual nestas charlas, os veciños —entre eles membros de asociacións e empresas, entidades que deben tramitar pola vía electrónica— coñeceron o funcionamento da sede electrónica do seu concello e recibiron formación sobre os diferentes métodos de identificación e sinatura dixital.

A sesión formativa tivo lugar o pasado luns, 23 de setembro, na aula CeMIT situada na Casa da Cultura do concello.

A formación foi impartida polo axente do programa PEL-Concello Dixital da Deputación.

Xornada Sede Electrónica Santa Comba
Volver

Caixa de suxestións

Contamos coa súa opinión para ofrecer cada día un mellor servizo.

Contacto

Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal