Sedes Electrónicas E.E.L.L. da provincia da Coruña

09:55:02 Domingo 5 de xullo 2020
Estás en:

A transparencia impórtanos

26/07/19

Un obxectivo que require unha constante posta ao día.

Entre as consecuencias da constitución das novas corporacións saídas das eleccións do pasado mes de maio, está o labor de actualización que requiren os portais de transparencia dos concellos. A Deputación colabora nesta tarefa mantendo o seu servizo de asesoramento especializado, e agora proporciona tamén a colaboración que os nove axentes do proxecto PEL-Concello Dixital prestan ao persoal dos concellos para manter ao día os seus portais.

Ao longo das próximas semanas, comprobarase que a información que proporcionan estas páxinas web se mantén actualizada e incidirase tamén en fomentar a sensibilización sobre a importancia de que os concellos e todas as súas áreas trasladen aos portais información clara e transparente, que permita á cidadanía coñecer o traballo que desenvolven, ao tempo que responden á obriga de dar cumprimento ao regulamentado na Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.

Entre a información que renovan estes días os concellos nos seus portais de transparencia, destaca a referida á estrutura organizativa e a información económica asociada aos membros das corporacións, un labor de actualización que deberá estar completo no mes de setembro.

A transparencia impórtanos
Volver

Caixa de suxestións

Contamos coa súa opinión para ofrecer cada día un mellor servizo.

Contacto

Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal