Sedes Electrónicas E.E.L.L. da provincia da Coruña

00:09:10 Sábado 24 de agosto 2019
Estás en:

Os asistentes á formación sobre a Sede en Mesía valoran a súa comodidade para xestionar trámites desde calquera lugar

31/07/19

As persoas que asistiron ao taller formativo sobre a Sede Electrónica de Mesía, cinco novos integrantes do programa de voluntariado do concello, destacaron a utilidade de poder facer trámites no seu concello desde a distancia. Todas elas estudan fóra do municipio, de maneira que valoraron moi positivamente contar cunha oficina electrónica que lles facilita a relación co seu concello desde calquera lugar e a calquera hora. No taller coñeceron tamén os diferentes métodos de identificación dixital, dos que destacaron as súas vantaxes na enquisa de avaliación que cubriron ao final da formación.

Volver

Caixa de suxestións

Contamos coa súa opinión para ofrecer cada día un mellor servizo.

Contacto

Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal