Sedes Electrónicas E.E.L.L. da provincia da Coruña

09:37:07 Mércores 8 de xullo 2020
Estás en:

Os veciños que asisten á sesión formativa sobre a sede electrónica do concello de Camariñas destacan a súa utilidade

12/07/19

9 veciños e veciñas de Camariñas recibiron, o pasado mércores 10, a formación que lles permitirá empregar a sede electrónica para facer todas as xestións que lles facilita esta ferramenta.

Na enquisa de opinión sobre a sede que cubriron ao remate da xornada, todas elas apuntaron que lles parece un recurso moi útil e que a pensan empregalo nos seus trámites ante o concello.

As persoas asistentes recibiron formación sobre os mecanismos de identificación e a tramitación na sede.

Impartiu a formación a axente do proxecto PEL-Concello Dixital, a quen algunas das persoas asistentes lle manifestaron o seu interese en recibir no futuro formación noutros procedementos da administración dixital, como a solicitude de subvencións por parte das asociacións.

Formación Sede Electrónica Formación Sede Electrónica
Volver

Caixa de suxestións

Contamos coa súa opinión para ofrecer cada día un mellor servizo.

Contacto

Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal