Sedes Electrónicas E.E.L.L. da provincia da Coruña

10:14:30 Domingo 3 de xullo 2022
Estás en:

Máis de 30 responsables de asociacións fórmanse en Arzúa sobre o procedemento de solicitude de subvencións a través da Sede electrónica do concello

2/07/19

Un taller de dúas horas de duración serviu para que arredor de 30 persoas, todas elas responsables e membros de entidades deportivas, culturais e educativas, recibisen formación sobre o funcionamento da Sede, centrando a súa atención no procedemento para a solicitude de subvencións.

As persoas asistentes recibiron tamén formación sobre os mecanismos de identificación cos que poden operar na Sede, e resolveron as súas dúbidas sobre o emprego da aplicación de sinatura electrónica Autofirma, que permite asinar os documentos presentados nun procedemento administrativo.

A iniciativa formativa, desenvolvida o pasado xoves 27 na aula CeMIT do concello, organizouse polos departamentos de Cultura e Deportes en colaboración coa Deputación, unha vez que a partir deste ano é obrigatorio tramitar as axudas municipais para festas parroquiais e actividades deportivas, culturais e educativas pola vía electrónica.

Impartiron a formación o responsable da aula CeMIT e a axente do programa PEL-Concello Dixital, que mostraron tamén como realizar as diferentes xestións que permite a oficina electrónica do concello.

Charla Sede Electrónica
Volver

Caixa de suxestións

Contamos coa súa opinión para ofrecer cada día un mellor servizo.

Contacto

Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal