Sedes Electrónicas E.E.L.L. da provincia da Coruña

06:08:36 Luns 22 de xullo 2019
Estás en:

Impulsar o uso das sedes e reforzar os portais de transparencia, entre as tarefas dos axentes do proxecto PEL-Concello Dixital neste trimestre

9/07/19

Os axentes dinamizadores do proxecto PEL-Concello Dixital continúan co seu traballo de impulso á transformación dixital nos 70 concellos adheridos ao programa.

Ao ser un trimestre marcado pola constitución das novas corporacións, os axentes incluirán entre as súas tarefas a formación sobre os mecanismos e ferramentas da administración electrónica para os novos edís naqueles lugares que estean interesados nesta formación específica.

Este labor engádese ás iniciativas de apoio nos rexistros e ao impulso das sedes e dos portais de transparencia, que constituirán o groso do o seu traballo até o remate do verán.

Calquera proposta ou comentario sobre o proxecto é benvida, e pode dirixirse a soporte.cau@dacoruna.gal

Volver

Caixa de suxestións

Contamos coa súa opinión para ofrecer cada día un mellor servizo.

Contacto

Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal