Sedes Electrónicas E.E.L.L. da provincia da Coruña

11:56:08 Xoves 2 de xullo 2020
Estás en:

Arzúa forma aos responsables das asociacións na solicitude de subvencións municipais a través da súa sede electrónica

25/06/19

Os departamentos de Cultura e Deportes do concello, en colaboración coa Deputación, organizan un taller formativo para ensinar a solicitar as subvencións municipais a través da Sede electrónica. Será o vindeiro xoves 27, a partires das 20:00, na aula CeMIT do concello. Están convocados os responsables das asociacións e entidades sen ánimo de lucro do concello, que estes días están a recibir a invitación para asistir a esta xornada.

O concello lembra que, a partir deste ano, é obrigatorio tramitar as axudas municipais para festas parroquiais e actividades deportivas, culturais e educativas pola vía electrónica, de maneira que ofrece esta formación para facilitar a súa tramitación. As persoas están sendo convocadas a través da redes sociais do concello, da radio municipal e mesmo con invitacións personalizadas. Os convocantes esperan que asistan representantes de máis dunha veintena de entidades.

Impartirán a formación o responsable da aula CeMIT e a axente do programa PEL-Concello Dixital. Será unha boa ocasión para que as persoas asistentes poidan coñecer o renovado aspecto da sede electrónica, tralas novidades implantadas nesta oficina dixital o pasado mes de febreiro.

Volver

Caixa de suxestións

Contamos coa súa opinión para ofrecer cada día un mellor servizo.

Contacto

Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal