Sedes Electrónicas E.E.L.L. da provincia da Coruña

10:28:54 Xoves 2 de xullo 2020
Estás en:

Aranga convoca ás asociacións do municipio a unha sesión formativa sobre a súa Sede electrónica

25/06/19

Xullo arranca con novas iniciativas divulgativas para formar á cidadanía en administración dixital. En Aranga, os responsables das asociacións do municipio están convocados, o martes 2, a unha xornada formativa na que coñecerán como empregar a Sede electrónica do concello e as vantaxes do seu uso.

O taller, cunha duración estimada de dúas horas, comezará ás sete da tarde na aula de informática do local Ponte Aranga. Nos equipos desta aula, as persoas asistentes poderán coñecer o modo de acceso, os sistemas de identificación e as xestións que permite a oficina electrónica do concello, que renovou o seu aspecto e funcionalidades o pasado mes de febreiro.

A formación será impartida pola axente dinamizadora do proxecto PEL-Concello Dixital, dentro das iniciativas da Deputación destinadas a potenciar a implantación da administración dixital nos concellos coruñeses de menos de 20.000 habitantes. Estes días, o concello está a enviar invitacións desta convocatoria ás dezanove asociacións que desenvolven o seu labor no municipio.

Volver

Caixa de suxestións

Contamos coa súa opinión para ofrecer cada día un mellor servizo.

Contacto

Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal