Sedes Electrónicas E.E.L.L. da provincia da Coruña

19:26:03 Martes 26 de maio 2020
Estás en:

Participación cidadá - Proxecto de Administración Electrónica.

10/05/18

Os esforzos da Deputación de Coruña en materia de participación dixital atopan un novo impulso en marzo de 2018 co comezo do proxecto “Estudo sobre a participación cidadá dos Concellos da Provincia integrados na Plataforma de Administración Electrónica”.
Os traballos previstos dentro deste proxecto consisten na realización dun Diagnóstico da Situación Actual da participación dixital en 78 municipios da provincia de Coruña (fase 1); a elaboración dunha Folla de Ruta para o desenvolvemento de orzamentos participativos (fase 2); e a formulación e execución de dúas Xornadas de Participación Piloto desenvolvidas o 8 e 9 de maio (fase 3).
Ás dúas Xornadas de Participación Piloto asisten os concellos de Cambre, Carballo, Fene, As Pontes, Abegondo, Ames, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Boqueixón, Cabanas, Carral, Coristanco, Curtis, Fisterra, A Laracha, Lousame, Miño, Mugardos, Sada, As Somozas e Vilarmaior.
As conclusións deste estudo estarán ao dispor de todos os concellos integrados na Plataforma de Administración Electrónica e desde a Deputación continuaremos co desenvolvemento das fases posteriores para alcanzar unha plataforma de uso compartido.
 

Volver

Caixa de suxestións

Contamos coa súa opinión para ofrecer cada día un mellor servizo.

Contacto

Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal