Sedes Electrónicas E.E.L.L. da provincia da Coruña

17:38:45 Venres 7 de agosto 2020
Estás en:

Máis de 350 persoas asisten na Deputación ás Xornadas formativas sobre a Plataforma de Xestión de Expedientes Electrónicos TEDeC 2.2.0

20/03/17

Gran éxito de asistencia as Xornadas de Formación sobre as novidades que ofrece a plataforma TEDeC para dar cobertura á implantación plena da Administración Electrónica nas Entidades Locais da provincia.

Os pasados xoves 2, 9 e 16 de Marzo, a Sala Juanjo Gallo acolleu a máis de 350 persoas que se formaron no uso da plataforma e doutras importantes iniciativas, para dar cobertura ás novas esixencias da Lei 39/2015, como o Sistema de Interconexión de Rexistros, o Rexistro Electrónico de Apoderamientos e as Notificacións Electrónicas, entre outros.

A Administración Electrónica empeza a ser xa unha realidade na nosa provincia, aínda que queda aínda un longo camiño por percorrer.

Desde a Deputación seguimos apostando por avanzar neste camiño á beira dos nosos Concellos e Consorcios.

Jornadas Formativas TeDEC 2017 (1) Jornadas Formativas TeDEC 2017 (2) Jornadas Formativas TeDEC 2017 (3)
Volver

Caixa de suxestións

Contamos coa súa opinión para ofrecer cada día un mellor servizo.

Contacto

Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal