Encontro telemático entre máis de 50 arquitectos e persoal técnico da Deputación, de concellos da provincia e do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
26/01/21
Hoxe, máis de 50 arquitectos e persoal técnico da Deputación e concellos da provincia, participaron nun encontro telemático con técnicos do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, co fin de resolver dúbidas respecto da integración entre a plataforma de tramitación electrónica de expedientes municipais (TEDeC) e a plataforma do COAG.