O presidente da Deputación da Coruña e a decana do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) asinan un convenio de colaboración que permitirá simplificar a tramitación das licenzas e outros actos urbanísticos.
14/12/20
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, a decana do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG), Elena Ampudia Aixendri, asinaron un convenio de colaboración que permitirá simplificar a tramitación das licenzas e outros actos urbanísticos ao permitir que os concellos da provincia da Coruña descarguen a documentación técnica dos solicitantes a través da plataforma dixital do COAG.