22:34:32 Domingo 1 de decembro 2024
Estás en:

Arranca o despregamento progresivo do Portal de Empresas en Sede Electrónica

17/11/22

A nova funcionalidade dá resposta á demanda crecente das Entidades Locais de poñer ao dispor das empresas, en determinados casos, a documentación que soliciten, de modo seguro e cumprindo a legalidade vixente.

Concello Dixital - Deputación da Coruña

A plataforma de tramitación electrónica TEDeC, núcleo tecnolóxico do proxecto Concello Dixital, dispón xa da integración que permite a posta á disposición das empresas vencelladas ás entidades locais, de documentación xerada e emitida desde un expediente concreto. O acceso realízase a través de Sede electrónica de forma segura polos usuarios autorizados.

O artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas recolle a obriga de relacionarse a través de medios electrónicos coas Administracións Públicas para a realización de calquera trámite dun procedemento administrativo, de certos perfís de peticionarios.

Esta nova funcionalidade permitirá as Entidades Locais publicar para empresas que solicitan documentación á Administración para a súa consulta. Por exemplo, dará resposta ás necesidades de consulta de expedientes que as empresas precisen ao abeiro do convenio de colaboración asinado entre a Deputación da Coruña e a Dirección Xeral do Catastro e as Entidades de Certificación de Conformidade Municipal (ECCOM - Decreto 144/2016 da Xunta de Galicia), entre outros casos.

O Portal de Empresas está a implantarse actualmente de modo progresivo en todas as entidades adheridas ao proxecto de transformación Concello Dixital, impulsado pola Deputación da Coruña nas entidades locais da provincia.

Concello Dixital - Implantación do Portal de Empresas
Volver

Caixa de suxestións

Contamos coa súa opinión para ofrecer cada día un mellor servizo.

Contacto

Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal