01:01:48 Venres 22 de novembro 2024
Estás en:

Os cargos electos das entidades locais da provincia poderán acceder desde a sede electrónica da súa concello á documentación emitida polos órganos colexiados

17/11/22

Continúa o despregamento progresivo da funcionalidade nas entidades locais de provincia adscritas ao proxecto Concello Dixital.

Concello Dixital - Diputación da Coruña

A plataforma de tramitación electrónica TEDeC, núcleo tecnolóxico do proxecto Concello Dixital, dispón xa da integración que permite o envío e posta á disposición da documentación xerada e emitida desde os órganos colexiados. O acceso realízase a través de Sede electrónica de forma segura polos usuarios autorizados.

Con está implementación dáse resposta ao dereito á información dos membros electos das entidades locais, que se regula pola lexislación do Réxime Local.

A nuevo funcionalidade está a implantarse actualmente de forma progresiva en todas as entidades locais adscritas ao proxecto. Actualmente, son xa 34 as que contan con esta integración na súa plataforma.

O obxectivo é chegar a todas as entidades participantes no proxecto nos próximos meses, facilitando unha guía, ofrecendo formación e facendo seguimento personalizado para o inicio do seu uso.

Concello Dixital - Implantación do Portal de Cargos Electos
Volver

Caixa de suxestións

Contamos coa súa opinión para ofrecer cada día un mellor servizo.

Contacto

Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal