19:56:59 Xoves 21 de novembro 2024
Estás en:

Arranca o proceso de transformación dixital en Boqueixón

2/11/22

O 19 de outubro presentouse formalmente na sede municipal a folla de ruta que guiará a consolidación da transición dixital do concello coruñés, no marco do proxecto Concello Dixital, impulsado pola Deputación da Coruña

Concello Dixital - Deputación da Coruña

O Concello de Boqueixón súmase á a transformación dixital e a modernización da súa actividade administrativa. O equipo de Concello Dixital da Deputación da Coruña presentou o pasado mes de outubro o plan a seis meses, tres de execución, seguidos doutro tres de auditoría e seguimento, que converterá ao concello coruñés nunha entidade plenamente dixital, no marco do proxecto global de transformación dixital nas entidades locais da provincia.

A xornada convocou aos técnicos do equipo de transformación da deputación coruñesa e aos responsables políticos e administrativos do municipio. Ámbalas partes compartiron unha intensa axenda de traballo na que se desenvolveron, ademais da presentación e contextualización do proxecto, as respectivas entrevistas cos interlocutores designados desde o concello. Nas vindeiras semanas realizaranse nas instalacións do consistorio os traballos de captura e análise de requisitos por parte dos consultores de transformación do proxecto.

O Concello de Boqueixón ven acadando durante os últimos anos notables avances en administración electrónica, grazas a unha alta implicación do seu persoal, o que sitúa á entidade nun escenario idóneo para a posta en marcha do proxecto Concello Dixital.

O proceso de transformación que agora comeza executarase en colaboración directa cos empregados municipais designados como informantes clave de cada unha das áreas de actuación, aínda que o obxectivo final suporá a implicación da totalidade do persoal do concello e dos seus responsables políticos.

Concello Dixital constitúe a aposta da Deputación da Coruña pola dixitalización das súas entidades locais, así como a mellora do seu funcionamento interno e dos servizos que estas prestan á cidadanía.

A posta en marcha destas e outras iniciativas están reguladas e planificadas na Axenda Dixital da provincia, que reúne todas as accións do ente supramunicipal en materia tecnolóxica. administrativa.

Concello Dixital - Arranque Transformación Boqueixón
Volver

Caixa de suxestións

Contamos coa súa opinión para ofrecer cada día un mellor servizo.

Contacto

Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal