01:19:40 Venres 22 de novembro 2024
Estás en:

Vilasantar presenta los resultados do seu proceso de transformación dixital

30/08/22

Nos meses que durou o proceso, impartíronse un total de 12 sesións de formación e soporte individualizado, e activáronse 68 novos procedementos de tramitación electrónica.

Concello Dixital - Deputación da Coruña

O Concello de Vilasantar súmase con éxito, por méritos propios e co apoio do equipo Concello Dixital da Deputación da Coruña, ao grupo de entidades locais da provincia que acadan a plena dixitalización dos seus procesos administrativos. Así o indica o resumo final de execución do proxecto que foi presentado a comezos de mes na sede municipal.

O proceso de transformación excutado en Vilasantar amosa melloras no uso da plataforma de tramitación electrónica TEDeC: Así, incrementouse o número de módulos utilizados polo persoal do Concello e activáronse novos procedementos tras as necesidades detectadas nas tomas de requisitos previas.

Nos meses que durou o proceso, impartíronse un total de 12 sesións de formación e soporte individualizado. Pola súa banda, na plataforma activáronse 68 novos procedementos de tramitación electrónica.

Concello Dixital dá continuidade á aposta iniciada hai anos pola Deputación coruñesa para dotar aos seus concellos da tecnoloxía e o coñecemento necesarios para a súa plena dixitalización.

Concello Dixital - Transformación Vilasantar
Volver

Caixa de suxestións

Contamos coa súa opinión para ofrecer cada día un mellor servizo.

Contacto

Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal