A sede municipal acolleu a pasada semana varias xornadas de formación para os empregados públicos sobre diversas áreas funcionais do tramitador TEDeC.
Touro aposta pola transformación dixital da súa administración da man de Concello Dixital e a Deputación da Coruña. Neste senso, técnicos da área de Implantación do proxecto impartiron a pasada semana formacións presenciais sobre boas prácticas de rexistro e novas integracións da plataforma de tramitación electrónica, así como reciclaxe e reforzo de coñecementos sobre o tramitador TEDeC.
O concello da comarca arzuá está inmerso actualmente nun proceso de implantación co despregamento e actualización dos servizos de tramitación electrónica que Concello Dixital pon ao dispor das entidades locais da provincia. Este primeiro paso ten como obxectivo adecuar a plataforma ás necesidades reais e específicas da operativa administrativa municipal en todas as súas áreas funcionais.
Estes traballos terán continuidade en setembro, co arranque do proceso de transformación que situará a Touro nun escenario de administración dixital consolidado.
Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal