01:39:30 Venres 22 de novembro 2024
Estás en:

Comeza a funcionar a Oficina de Rexistro Cl@ve no Concello de Vedra

26/04/22

As veciñas e veciños poden xa rexistrarse no sistema Cl@ve e acceder así aos diferentes servizos de administración electrónica integrados na sede do concello e en múltiples plataformas dixitais doutras administracións.

Concello Dixital - Deputación da Coruña

O concello de Vedra atópase actualmente inmerso no proceso de transformación dixital que a Deputación da Coruña veu impulsando nos últimos meses, e como complemento, materializouse a apertura da Oficina de Rexistro Cl@ve no concello.

Cl@ve é un sistema orientado a unificar e simplificar o acceso electrónico da cidadanía aos servizos públicos. En concreto, permite ao cidadán o acceso de forma telemática ao catálogo de servizos e trámites que a sede electrónica de Vedra pon ao seu dispor. A utilización deste sistema require dun rexistro previo, que pode realizarse de forma presencial ou por Internet con DNI Electrónico ou certificado dixital.

Os vedreses dispoñen xa de Oficina de Rexistro Cl@ve no seu concello para tramitar a súa alta no sistema e beneficiarse das vantaxes que outorga o uso da Administración Electrónica mediante os sistemas de autenticación e identificación que forman parte da plataforma (Cl@ve PIN e Cl@ve Permanente).

A Diputación coruñesa pon ao dispor da cidadanía o portal web das sedes electrónicas municipais, entidadeslocais.dacoruna.gal. O sitio alberga información de interese público sobre a Administración Electrónica, así como noticias de actualidade e o mapa de vínculos ás sedes electrónicas dun gran número de Entidades Locais da provincia.

Concello Dixital - Inicio Oficina Registro Cl@ve en Vedra
Volver

Caixa de suxestións

Contamos coa súa opinión para ofrecer cada día un mellor servizo.

Contacto

Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal