As micropílulas de formación continua feitas ata o momento abordaron doce temáticas sobre funcionalidades básicas e de nova implantación na plataforma TEDeC.
O equipo do proxecto de transformación dixital das entidades locais, impulsado pola Deputación da Coruña, desenvolveu e impartiu ata o momento doce sesións de formación de maneira telemática a funcionarios e técnicos municipais. Nelas presentáronse as evolucións de TEDeC e abordáronse materias relacionas coa tramitación electrónica, as notificacións telemáticas ou as boas prácticas no manexo da documentación anexada.
Esta formación, que complementa ás sesións presenciais desenvolvidas nos entes locais, tivo moi boa acollida entre os participantes e serve como base de coñecemento do proxecto. Así, as sesións impártense previa convocatoria aos interesados para que poidan seguilas en directo e posteriormente publícanse na intranet que a Deputación da Coruña pon ao dispor das Entidades Locais. Deste xeito, as pezas poden consultarse en calquera momento sen limitación algunha.
As micropílulas formativas, dunha duración aproximada de 30 minutos, son unidades breves de coñecemento onde o formador presenta as melloras evolutivas da plataforma. O formato permite abordar casos prácticos sobre a propia plataforma e en tempo real e a interactuación cos asistentes.
Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal