O obxectivo é dotar aos empregados públicos dos coñecementos precisos acerca das funcionalidades relacionadas coa súa área de desempeño.
A área de Implantación desenvolveu a pasada semana dúas sesións formativas, de carácter telemático, orientada aos empregados públicos das áreas de Cultura e Deporte das entidades locais. Estas accións encádranse dentro do despregamento continuo e evolutivo que está a realizar a Deputación da Coruña sobre a súa plataforma de tramitación electrónica TEDeC, dentro do proxecto global de transformación Concello Dixital.
Na primeira das sesións, de carácter teórico, presentáronse de forma xeral as últimas actualizacións do tramitador e profundouse no traballo coas familias de expedientes e os seus procedementos relacionados. Así, as actividades deportivas, a programación turística ou a reserva de instalacións municipais foron algúns dos procedementos explicados.
Na segunda da xornada abordáronse casos prácticos e a resolución de cuestións específicas relacionadas coas áreas de interese. Ambas tiveron o seu espazo para o debate e a resolución de dúbidas expostas polos asistentes.
Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal